Trasladan ao hospital a unha muller rescatada inconsciente na praia de Area

A afectada foi atendida polos servizos de emerxencia no areal de Viveiro antes do seu traslado a Burela.

Imaxe xenérica de servizos de emerxencia nunha praia.
IA

Imaxe xenérica de servizos de emerxencia nunha praia.

Unha muller foi evacuada este domingo ao Hospital Público da Mariña, en Burela, tras ser rescatada inconsciente da auga na praia de Area, no municipio de Viveiro.

O suceso tivo lugar pouco antes das 14:30 horas. Segundo informou o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, a muller foi retirada da auga e recibiu as primeiras manobras de reanimación cardiopulmonar sobre a area por parte dos equipos de socorrismo presentes no areal.
Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias 061, membros de Protección Civil de Viveiro, así como axentes da Policía Local e da Policía Nacional. A muller foi trasladada nunha ambulancia medicalizada ao centro hospitalario, onde ingresou con pulso tras a intervención dos servizos de emerxencia.