A infracción foi detectada durante a tarde do pasado luns, no marco dos controis de velocidade que a Policía Local está a realizar esta semana en colaboración coa campaña da Dirección Xeral de Tráfico (DXT). O vehículo foi captado superando amplamente a velocidade permitida nunha zona urbana do municipio.
Esta sanción administrativa, que inclúe a multa económica e a perda de puntos, será notificada ao propietario do coche no seu domicilio. A Policía Local de Viveiro participa activamente nas campañas da DXT sempre que dispón dos recursos necesarios.
“"Incidimos máis nas zonas das que recibimos queixas por parte da veciñanza ou onde nós mesmos detectamos que se producen excesos."
Os controis de velocidade intensificaranse ata o 19 de abril, realizándose en diferentes horarios e localizacións. O xefe do corpo, Germán Bouso, explicou que se centran especialmente nas áreas onde os veciños reportan problemas ou onde a propia policía identifica un maior número de excesos de velocidade.
Ademais, a Policía Local recorda que este mércores haberá cortes puntuais de tráfico en Viveiro debido ao paso da volta ciclista O Gran Camiño, que se prevé que cruce a localidade entre as doce e media e a unha do mediodía.




