O suceso tivo lugar antes do inicio da xornada no centro, evitando así que houbese menores ou educadores nas instalacións. Ao lugar desprazáronse efectivos de Protección Civil, e un voluntario tivo que recibir asistencia sanitaria debido á inhalación de fume.
“"Chegou unha das coidadoras e ao abrir a porta viu a entrada toda chea de fume. Procedeuse a apagar o lume que quedaba, que practicamente se autoapagou só ao estar a estancia pechada, e a ventilar o fume que había, que era negro e bastante denso."
Segundo as primeiras investigacións, o lume puido orixinarse por un curtocircuíto nunha estufa que estaba protexida con bordos de madeira para a seguridade dos nenos. Afortunadamente, o incidente produciuse cando o centro estaba baleiro.
O rexedor local está en contacto coa Consellería de Política Social para buscar unha solución provisional para as familias afectadas. Barállase a posibilidade de habilitar outro local no mesmo edificio multiusos onde se atopa o PAI, pendente da inspección para verificar que cumpre os requisitos necesarios.




