O incidente laboral tivo lugar dez minutos despois das seis da tarde do mércores, nunha zona forestal situada por riba da igrexa de Valcarría, dentro do termo municipal de Viveiro.
As persoas que alertaron ao 112 Galicia informaron de que a persoa ferida presentaba un golpe na cabeza e que se atopaba nunha pista da parroquia vivariense.
Ao lugar do accidente desprazáronse efectivos de Urxencias Médicas do 061, que lle prestaron os primeiros auxilios antes de trasladalo, así como axentes da Policía Nacional de Viveiro para atender a situación.




