O ministerio fiscal solicita para o acusado un ano de prisión e a privación do dereito a conducir vehículos a motor por 15 meses, tras ser detectado na estrada LU-P-6601 sen facer uso do cinto de seguridade e fuxindo a gran velocidade, saltándose os límites establecidos en Covas.
Os axentes da Garda Civil seguiron ao vehículo pola Rúa Misericordia, realizando sinais acústicas e luminosas para que se detivese. Non obstante, o condutor continuou a gran velocidade por varias rúas da localidade, superando os límites de 30 e 50 quilómetros por hora e pondo en perigo a viandantes en pasos de peóns.
Nun momento dado, ao circular pola Rúa Granxas, un grupo de persoas que saía de locais de ocio tivo que apartarse dun paso de peóns para evitar ser arroiadas polo turismo.
Ao chegar á rotonda situada no quilómetro 88,200 da estrada LU-862, o acusado realizou un aparatoso derrape debido á alta velocidade á que circulaba. A pesar de ser identificado visualmente polos axentes, estes vironse obrigados a interromper a persecución para previr maiores riscos para a seguridade viaria.




