O suceso tivo lugar arredor da medianoite do domingo. Segundo as informacións dispoñibles, os tres ocupantes do turismo puideron abandonar o habitáculo polos seus propios medios, sen que se rexistrasen feridos no incidente.
Ata o lugar desprazáronse efectivos do parque comarcal de bombeiros de Barreiros, que traballaron con dous camións para sufocar as chamas. O lume, ademais de destruír o coche, estendeuse a unha pequena superficie de monte próxima ao punto da caída.
Os equipos de emerxencia realizaron labores de arrefriamento na zona para evitar que o lume puidese reactivarse debido ás elevadas temperaturas rexistradas nestes días. No operativo tamén participaron membros de Protección Civil de Mondoñedo.




