A iniciativa, denominada Verán na Praza, desenvolverase todos os mércores deste período estival. O obxectivo principal é converter este espazo público nun lugar vivo e aberto, onde a veciñanza poida gozar de propostas culturais, deportivas e musicais que complementan a oferta habitual do municipio.
O programa conta coa colaboración fundamental do tecido asociativo local. A través destas xornadas, as entidades do municipio terán a oportunidade de amosar o seu labor anual, achegando actividades variadas que inclúen xogos, bailes, rutas e propostas ecuestres pensadas para todos os públicos.
Dende a administración local destacan que estas xornadas buscan ser un punto de encontro para familias e amizades, facilitando o desfrute do espazo público durante os meses de verán.




