Un lume orixinado nunha campá extractora nunha vivenda do centro de Foz chamou a atención do vecindario sobre as 15:30 horas. O suceso, que se produciu nun edificio situado na Avenida Álvaro Cunqueiro, número 40, limitouse á cociña dunha vivenda situada na segunda planta.
Segundo as informacións, o incendio calcinou a totalidade da cociña. O servizo de emerxencias 112 de Galicia deu aviso e ata o lugar desprazáronse os bomberos de Barreiros, a Policía Local de Foz, unha patrulla da Garda Civil e Urxencias Sanitarias.
O suceso xerou expectación na zona, xa que o edificio atópase nunha área de moita afluencia, situado entre dúas coñecidas cafeterías da zona comercial de Foz.




