A institución provincial conta cun espazo propio onde se realizan demostración de cociña e artesanía en directo, ademais de achegar a música de Sés ao evento Pataca Rock.
O vicepresidente, Xosé Regueira, destacou na inauguración a importancia de valorar os produtos da terra e o traballo dos seus produtores, sinalando a pataca como exemplo do potencial do sector agroalimentario galego e a necesidade de reforzar o vínculo entre produción, gastronomía e territorio.
“"Detrás de cada produto de calidade hai coñecemento, esforzo e persoas que manteñen vivo o noso rural. Temos que recoñecer ese traballo e crear oportunidades para que as novas xeracións vexan no sector primario unha opción de futuro."
Regueira incidiu tamén na importancia de promover os produtos locais máis alá do seu territorio de orixe, converténdoos nun recurso para dinamizar a economía e atraer visitantes. Engadiu que "traer ata Vilar de Barrio os sabores e os proxectos da nosa provincia é tamén unha forma de o que somos e de demostrar que a gastronomía pode ser unha gran aliada para dar a coñecer o territorio".
O chef André Arzúa, do restaurante Espazo Abella de Santiago de Compostela, será o encargado de cociñar en directo pratos a base da variedade de patacas fina de Carballo. As mostras de artesanía en vivo correrán a cargo de Jorge Eiroa (forxa) e O Carabel Ecocestos (cestería).




