Decenas de porcos espallados tras envorcar un camión en Baltar

O accidente, ocorrido na estrada OU-304, saldouse sen feridos pero deixou unha imaxe chamativa na parroquia de Tixós.

Imaxe dun camión envorcado cunha ducia de porcos espallados pola estrada e nunha finca próxima en Tixós, Baltar.
IA

Imaxe dun camión envorcado cunha ducia de porcos espallados pola estrada e nunha finca próxima en Tixós, Baltar.

Un camión que transportaba porcos envorcou na estrada OU-304, á altura de Tixós, no municipio de Baltar, deixando decenas de animais espallados pola vía e unha finca próxima. O suceso ocorreu arredor das 12.00 horas deste mércores e, afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

O vehículo saíuse da vía e, antes de quedar envorcado, derribou parte do mobiliario urbano. A escena chamou a atención dos veciños da zona, que se viron sorprendidos pola cantidade de animais que quedaron varados tras o accidente.
Os servizos de emerxencia desprazáronse ata o lugar para asegurar a zona e xestionar as labores de retirada do camión, así como para controlar aos animais e evitar que se descontrolasen.