Un accidente de tráfico na provincia de Ourense saldouse sen persoas feridas, pero cunha estampa difícil de esquecer para os veciños. Un camión que transportaba porcos saíuse da estrada e envirou na OU-304 á altura de Tixós, no concello de Baltar.
O suceso ocorreu sobre as 12:00 horas. Unha residente da zona, Purificación, relatou o susto: "Se ocorre 5 minutos antes cólleme o camión. Sentín que a lavadora xa rematara, fun dentro para quitala e escoitei un 'bum'! Saín fóra e os rapaces xa saíran polo seu propio pé. Foi un susto terrible, non llo desexo a ninguén", declarou.
O camión, ademais, destruíu parte do mobiliario urbano da zona ao seu paso.
José Antonio Feijóo, alcalde de Baltar, tamén se pronunciou sobre a situación, asegurando que "En canto cheguei animei a que sacaran aos porcos para que puideran respirar, e puxen os medios do Concello e de Protección Civil para axudar e buscar un desvío".




