Accidente en Sandiás: un camión envorca e espalla uns 180 porcos na N-525

O condutor resultou ferido leve e os animais quedaron tirados na vía, o que obrigou a mobilizar os servizos de emerxencia.

Camión envorcado cunha carga de porcos espallada pola estrada en Sandiás.
IA

Camión envorcado cunha carga de porcos espallada pola estrada en Sandiás.

Un camión que transportaba porcos envorcouse na mañá deste mércores na N-525 ao seu paso por Piñeira de Arcos, en Sandiás, provocando o espallamento duns 180 animais pola calzada e deixando un ferido.

O sinistro rexistrouse sobre as 8.45 horas no quilómetro 206,6 da citada estrada. O vehículo, que transportaba porcos vivos, saíuse da vía e acabou envorcado. Como consecuencia do impacto, o condutor sufriu feridas e unha parte significativa dos animais caeron á estrada, mentres que outros quedaron atrapados no interior do camión.
O home puido saír por si mesmo do camión e recibiu atención médica por parte do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado ao lugar. As probas de alcol e drogas realizadas ao condutor deron resultado negativo.
Efectivos do parque comarcal de Xinzo encargáronse do rescate dos animais, mentres que a Garda Civil de Tráfico tamén participou no operativo para xestionar a situación e garantir a seguridade na vía.