As recoñecidas son Sofía Fernández Fernández, alumna do IES Fontem Albei na Fonsagrada, e Yaiza García Arango, de 15 anos e veciña de Palas de Rei.
O relato de García Arango, titulado O eco da carballeira, céntrase na importancia da memoria e das raíces. Pola súa banda, Fernández narra en O rural sen nenos unha historia sobre a nostalxia da infancia e das vilas e aldeas que antes tiñan moita rapazada.
O rural sen nenos
A entrega de premios tivo lugar na Fundación Luis Seoane na Coruña. Na categoría de adultos, tamén recibiron recoñecemento Xosé Nieto Castro por Ollos verdes de azor e Marta Santomé Malvido por A falta.




