O proceso selectivo para ambas as prazas, que se realizarán como persoal funcionario interino a xornada completa, será mediante oposición libre. Estas contratacións enmárcanse no programa de posta en marcha do novo equipamento municipal.
As prazas convocadas son unha de técnico/a de mantemento, encadrada no subgrupo C1, e outra de operario/a de mantemento-conserxe, pertencente ao subgrupo C2.
As persoas interesadas terán de prazo para presentar as súas solicitudes desde o vindeiro luns 16 ata o 27 de novembro.
As bases completas da convocatoria, así como os requisitos e a documentación necesaria, poden consultarse na páxina web do Concello de Oleiros, especificamente no apartado de Recursos Humanos.




