Tres veciños de Culleredo tiveron que ser atendidos e trasladados ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) debido á inhalación de fume. O suceso produciuse sobre as 16.00 horas deste venres nun piso situado na avenida de Vilaboa.
Segundo informou o servizo de emerxencias 112 Galicia, a alerta deuna un particular que alertou dunha olla esquecida ao lume. A queima da olla provocou fume que afectou á campana extractora e aos mobles próximos da vivenda.
No operativo de resposta ao incidente participaron diversos servizos de emerxencia. Acudiron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Arteixo, a Garda Civil, o Servizo Municipal de Emerxencias e a Policía Local de Culleredo para xestionar a situación e atender aos afectados.




