O prazo para a subsanación de erros remata o 22 de agosto, mentres que a listaxe definitiva de solicitantes publicarase o 25 de agosto. No caso dos grupos onde o número de solicitudes supere ás prazas ofertadas, procederase á asignación destas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
A exposición pública da listaxe de persoas admitidas realizarase a partir do 31 de agosto na páxina web municipal e no Servizo Municipal de Deportes. As persoas admitidas terán de prazo do 1 ao 11 de setembro para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo solicitar e entregar o xustificante de pagamento unicamente no Servizo Municipal de Deportes. De non facelo, procederase á anulación da praza.
No caso de que queden prazas libres, continuarán as inscricións a partir do un de outubro.
O pago do prezo público pódese efectuar nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal.




