Durante todo o día haberá un amplo programa de actividades dirixidas a todos os públicos, incluíndo xogos populares, inchables acuáticos e mecánicos, actuacións, xincanas e propostas de animación. Tamén se habilitará un photomatón.
A programación completarase pola tarde co reparto de flocos de millo e algodón de azucre entre as 16:00 e as 20:00 horas. A festa finalizará cunha festa da escuma prevista para as 20:00 horas.
A organización habilitará unha zona con mesas e cadeiras para que as familias poidan comer, aínda que cada grupo deberá levar a súa propia comida. Ademais, haberá un foodtruck con servizo de comida e bebida durante toda a xornada.
O Concello recomenda aos asistentes levar roupa e calzado axeitados para poder desfrutar das actividades acuáticas.




