O accidente produciuse pouco antes das once da mañá cando a condutora da moto perdeu o control ao patinar sobre unha mancha de combustible na calzada. A consecuencia da caída, a muller sufriu abrasións no costado esquerdo.
Un transeúnte foi o primeiro en prestar axuda á vítima. Posteriormente, acudiron ao lugar unha patrulla da Policía Nacional e outra da Policía Local, así como unha ambulancia que atendeu á motorista ferida.
Os Bombeiros tamén se desprazaron á zona para proceder á limpeza da mancha de combustible na vía pública e evitar que se producisen máis incidentes.




