As obras, adxudicadas á empresa López y Leis, centrarase en acondicionar o acceso a un dos principais emblemas da rede de Museos Históricos da Coruña, onde tamén se prevé efectuar tarefas específicas para mellorar as condicións de visita.
Con esta medida, o Goberno de Inés Rey reforza a súa folla de ruta para pór en valor o Castro de Elviña. Actualmente, estanse a executar dúas intervencións máis: a execución do centro de apoio ás actividades arqueolóxicas e didácticas e a creación do novo valado perimetral que rodea o xacemento, clave para reforzar a súa protección e coidado.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou a importancia destas actuacións para "cumprir o noso obxectivo de revitalizar o Castro de Elviña, sendo como é unha das principais xoias patrimoniais da cidade".
Coas tres actuacións -melloras de accesibilidade, construción do novo centro de apoio e o novo valado perimetral- o Concello investirá máis de 750.000 euros no conxunto.




