Nos anos anteriores, unha media de máis do 60% dos parados que completaron este programa atoparon traballo. O Programa Integrado de Emprego, cofinanciado pola Consellaría de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, o Servizo Público de Emprego Estatal e o Concello de Arteixo, busca mellorar a empregabilidade e a inserción laboral de persoas desempregadas.
As accións formativas incluíron cursos de 'Atención o cliente/Caixeiro', 'Operario de almacén/carretilleiro', 'Operario/a de fábrica/carretilleiro' e 'Xestión logística'. Ademais, realizáronse formacións transversais como prevención de riscos laborais, marca persoal, emprego 2.0, manipulador de alimentos e pescado, prácticas laborais, fomento do emprendemento e orientación laboral.
O plan integral combina información, orientación, asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral. O alcalde Carlos Calvelo destacou a colaboración con máis de 30 empresas locais que permitiron aos alumnos realizar prácticas nas súas instalacións.




