Unha importante cantidade de marisco, concretamente 20,15 quilos de percebe, foi intervida na Coruña por axentes da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) e efectivos de Gardacostas de Galicia. As actuacións levaron a cabo en varios dispositivos desenvolvidos entre o pasado 13 e 15 de maio.
Ademais da incautación do percebe, os operativos permitiron identificar a trece persoas e dous vehículos. Tramitáronse tamén doce denuncias por infraccións á Lei de Pesca de Galicia, poñendo de manifesto o labor de control contra o furtivismo.
O marisco decomisado na cidade herculina, xunto con diverso material empregado para a captura ilegal, foi finalmente doado ao centro benéfico da Coruña, segundo informou o Servizo de Gardacostas de Galicia.
Noutra operación paralela, desenvolvida na ría de Ferrol, incautáronse 12 quilos de ameixa extraída de forma ilícita. Neste caso, o marisco foi devolto ao seu contorno natural por Gardacostas.




