A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, visitou esta semana na Coruña dúas empresas participantes no programa Responsabilízate. Este programa ofrece acompañamento personalizado e gratuíto para avanzar na sustentabilidade empresarial.
As empresas visitadas foron Cofrico, especializada en sistemas de refrixeración e climatización, e Coruña de etiquetas (Coreti), dedicada ao deseño e fabricación de etiquetas autoadhesivas.
A secretaria xeral destacou que a edición deste ano de Responsabilízate incorpora novas posibilidades de apoio, incluíndo un servizo específico centrado no benestar organizacional. Esta prestación axudará a 45 pemes a avaliar e deseñar actuacións adaptadas ás súas necesidades en canto ao benestar dos traballadores.




