Os servizos municipais remataron recentemente o primeiro tramo desta rúa, entre Arzobispo Gelmírez e Ramón del Cueto. A reforma, que se realiza por fases debido á lonxitude da vía, continuará agora co tramo final do proxecto.
A alcaldesa, Inés Rey, destacou que "o obxectivo do noso plan de humanizacións na cidade é camiñar cara un novo modelo que aposte pola mobilidade sostible, pola accesibilidade, pola comodidade da veciñanza e pola mellora estética das rúas de nosos barrios. En definitva, garantir transformacións integrais grazas ao investimento e os recursos públicos".
A intervención inclúe a renovación de pavimentos, saneamento, recollida de pluviais, canalizacións, elevación de pasos peonís, reordenación de contedores, nova sinalización e a instalación de bancos e árbores. Na zona xa finalizada realizáronse melloras na accesibilidade e seguridade.




