A Roma caeu goleada (4-1) fronte ao Cardiff City, conxunto da Championship inglesa, no seu primeiro amigable da pretempada, disputado sen a presenza do lateral Angeliño. O equipo transalpino, que a próxima tempada disputará a Liga de Campións, busca agora un substituto para o xogador galego, cuxa cesión ao Deportivo está en fase final.
O resultado xerou preocupación no seo do club romano, que ve como as saídas de xogadores se suceden mentres os reforzos se fan esperar. O adestrador, Gasperini, recoñeceu a necesidade de completar a plantilla: "O mercado de fichaxes foi inusual debido ao Mundial; practicamente comezou agora. Varios xogadores marcháronse, e o equipo necesita completarse, calquera pode velo. Algúns xogadores terán que chegar para que a plantilla sexa competitiva".
O técnico sinalou a falta de efectivos no centro do campo e a necesidade de incorporar "un defensa, un extremo e dous dianteiros" para igualar a competitividade da pasada tempada. "Se un xogador marcha, tes que substituílo", afirmou, engadindo que están a tentar fichar "xogadores de calidade como Castro, e agora chegará Koulierakis para completar a defensa".

A pesar da inestabilidade no conxunto italiano, as negociacións entre a Roma e o Deportivo por Angeliño continúan. Fontes italianas apuntan tamén a outros nomes como o lateral do Tottenham, Djed Spence, como posibles reforzos para a Roma. Mentres tanto, todo apunta a que Angeliño se incorporará á concentración do Deportivo en Italia esta semana para disputar amigables contra a Fiorentina e o Genoa.