A comisión de festas da parroquia sadense de Mosteirón organizou a verbena coa orquestra Panorama, un dos pratos fortes das festas de San Benito, sen saber que coincidiría co partido de cuartos de final do Mundial de Fútbol entre España e Bélxica.
Ante a coincidencia de horarios, a orquestra Panorama cedeu a pantalla do seu palco para que os asistentes puidesen ver o encontro deportivo. A verbena estaba programada para as 22:30 horas e o partido comezou ás 21:00 horas, polo que o segundo gol de Mikel Merino só provocou un pequeno adianto na música.
Deste xeito, os asistentes ás festas puideron gozar dunha vitoria da Selección Española e dunha posterior verbena, entre churrasco, crioulos e bebidas.
As celebracións continuarán este sábado 11 con pulpada e verbena a cargo de Punto Clave, ademais do tradicional lanzamento do globo de papel. A festa rematará o domingo con misa en honra a San Benito, rondallas, sesión vermú e verbena con Óbice Capital.




