O artista zaragozano, coñecido por ser exmembro de Violadores del Verso, presentará o seu novo traballo discográfico, 'Camisa de Fuerza', nun concerto que xa anticipa unha 'alta carga conceptual que combina flows afilados, produción contundente e reflexión social'.
Este álbum descríbese como 'un traballo escuro, honesto e desafiante que conecta coa esencia máis pura da súa traxectoria', reafirmando a súa posición como unha das voces fundamentais do rap en español.
A actuación na Coruña será o primeiro dos dez concertos programados para esta xira. Tras a súa visita á cidade galega, Kase.O continuará a súa xira por outras cidades como Bilbao, Valladolid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Zaragoza, Madrid, Murcia e Granada.
As entradas para o concerto xa están á venda a través das plataformas Ataquilla e kaseoreal.com, cun prezo a partir de 52 euros.




