A choiva rexistrada na tarde deste venres no municipio de Carral deixou varios camiños inundados, entre eles a estrada de Taramuño, situada en San Vicente. Varios veciños confirmaron a situación.
Segundo sinalou o afeccionado á meteoroloxía local Brais Aldao, a través das súas redes sociais (@MeteoBrais1), no municipio chegaron a caer ata 24,8 litros por metro cadrado nunha soa hora, ao redor das 16.00 horas. Esta cantidade provocou o desbordamento dalgunhas das alcantarillas do centro urbano.
“"o que supón un serio risco para a circulación"
A formación política Alternativa dos Veciños de Carral alertou de que na zona de Taramuño a vía se atopa nestes momentos cuberta de barro e auga. Por este motivo, fan un chamamento aos condutores para que eviten a zona e, no caso de ter que transitar por ela, extremen as precaucións ata que a vía quede completamente limpa.




