A comunidade autónoma alcanzou un novo máximo histórico no número de títulos de familia numerosa activos ao remate de 2025. Segundo a estatística elaborada pola Xunta de Galicia, a rexión rexistrou 32.750 títulos en vigor a data do 31 de decembro, o que representa un incremento de 1.531 títulos máis que o ano previo.
Do total de títulos en vigor, a maioría, 28.638, corresponden á categoría xeral (87,4%), mentres que 4.112 pertencen á categoría especial (12,6%). Este crecemento consolida unha tendencia ascendente e reflicte o compromiso do Goberno galego no apoio a estas familias a través de diversas medidas.
Durante o ano 2025, a Xunta de Galicia expediu un total de 12.030 novos títulos de familia numerosa. Por provincias, A Coruña liderou o número de novas expedicións con 4.926 títulos, seguida de Pontevedra con 4.717. En Lugo tramitáronse 1.203 títulos e en Ourense, 1.184.
En canto aos títulos en vigor por provincia, A Coruña concentra 13.886, mentres que Pontevedra suma 12.901. Lugo rexistra 3.084 títulos e Ourense, 2.879.
A condición de familia numerosa outorga acceso a beneficios como deducións fiscais, vantaxes en educación e conciliación, axudas de vivenda, bonificacións en transporte e descontos a través do Carné Familiar Galego.




