A programación, que conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no marco das subvencións para salas privadas, arrincará o sábado 10 de outubro na sala Mardi Gras da Coruña.
O ciclo presentará un total de oito concertos con once artistas e grupos, entre os que se atopan nomes como Estrogenuinas, Agoraphobia, Montedapena, Eladio y los Seres Queridos, Monoulious Dop, Taïn ou Carla Lourdes.
Tras o concerto inaugural na Coruña, a xira continuará por Vilar de Santos, Lugo, Vigo, Vilanova de Arousa e Pontedeume, estendéndose ata marzo de 2027.
Esta iniciativa forma parte dunha liña de axudas da Xunta para salas privadas, que distribuirá 358.586 euros para o bienio 2026-2027, permitindo 141 concertos en 16 espazos galegos.




