A mostra, impulsada por Igaciencia (Institución Galega da Ciencia), presenta creacións de Manuel Díaz Regueiro elaboradas mediante procedementos que integran ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, arte e matemáticas nun exercicio de cultura STEAM. Segundo explicou a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio da USC, Ana Cabana Iglesias, a exposición é unha "invitación a contemplar o mundo desde unha perspectiva diferente" para descubrir as estruturas e leis que subxacen á emoción estética.
A vicerreitora destacou que as obras presentan que a creatividade "non é allea ao razoamento científico" e que ambos os campos se aliméntanse mutuamente. A idea central da mostra é que a ciencia, as matemáticas e a tecnoloxía amplían as posibilidades de achegar a sociedade á arte, reivindicando a intelixencia humana e a curiosidade para xerar novas formas de beleza e coñecemento.
“"A ciencia, as matemáticas e a tecnoloxía amplían as posibilidades de achegar a sociedade á arte"
O obxectivo da mostra é romper estereotipos sobre a "frialdade" das matemáticas e a "complexidade" da ciencia, explicando conceptos matemáticos a través da arte. Os comisarios, Manuel Díaz Regueiro e Inés Ben González, sinalan que a exposición fai explícito que as matemáticas e a ciencia serven de guía para obter beleza e orde, sen necesidade da intelixencia artificial para substituír a creatividade humana.
O acto de inauguración contou tamén coa presenza do concelleiro do Concello de Santiago, Iago Lestegás. A exposición concíbese como un espazo con clara vocación educativa, utilizando a simetría observada na natureza como fonte de inspiración artística.




