As catro horas de resistencia poñerán a proba a capacidade dos equipos para manter un ritmo competitivo durante toda a carreira, xestionando o desgaste mecánico, os pneumáticos e as condicións cambiantes da pista.
A edición de 2025 deixou unha mostra da igualdade da competición. Os dous primeiros equipos completaron 148 voltas e cruzaron a meta cunha diferenza de apenas 0,583 segundos. Felipe Santos, Manoel Felipez, Jairo Castro e Isaac Calvo conseguiron a vitoria cun Peugeot 106, por diante de Gabriel Serrano, Esteban Serrano e Sergio Suárez, que competiron cun Citroën Saxo. Iván Ares, Félix Iglesias e José Lamela ocuparon a terceira posición cun Toyota Yaris.
A programación inclúe tamén o CarCross Trophy, dúas propostas que representan distintas modalidades da competición automobilística, pero que comparten a velocidade, a técnica, a preparación mecánica, o traballo en equipo e a paixón polo motor.




