As celebracións comezarán o venres 21 de agosto ás 21.30 horas co pregón inaugural. A partir dese momento, o programa estenderase durante tres xornadas con propostas que combinan a música en directo, os mercados de artesanía e as actividades infantís, como inchables e festas de espuma, distribuídas por diversos puntos do vecindario.
A segunda xornada, o sábado, contará cun mercado de artesanía na praza de San Rosendo desde as 11.00 horas. A música terá un papel protagonista coa sesión vermú ao mediodía e unha verbena nocturna que contará con diversas actuacións musicais para amenizar a noite.
O domingo, día de peche, o foco trasladarase á pista polideportiva, onde se instalará unha pulpeira con prezos populares a partir das 13.00 horas. O apartado musical desta última xornada estará centrado na tradición, coa participación de varias corais polifónicas e grupos de cantareiros que porán o broche final ao evento.




