Os servizos de emerxencia tiveron que intervir tras o accidente, que tivo lugar sobre as 15.00 horas. O condutor, que estaba consciente pero atrapado no interior do coche semivolcado, foi liberado polos Bombeiros de Betanzos.
A mobilización de recursos incluíu tamén a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, voluntarios de Protección Civil de Bergondo e os servizos de mantemento da estrada.
Finalmente, o ferido foi rescatado a través dunha das ventás do turismo e trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (Chuac) para recibir atención médica.




