Bergondo inicia a renovación de beirarrúas e servizos na AC-162

As obras, cun investimento de máis de 512.000 euros, mellorarán a seguridade e os servizos dende A Lagoa ata o límite con Sada.

Imaxe xenérica de obras na estrada en Galicia con nova beirarrúa e paisaxe verde.
IA

Imaxe xenérica de obras na estrada en Galicia con nova beirarrúa e paisaxe verde.

O Concello de Bergondo deu inicio ás obras de renovación de beirarrúas e servizos na estrada AC-162, nun tramo que vai dende o núcleo da Lagoa ata o límite con Sada.

A actuación, que conta cun investimento de 512.849 euros, está financiada con fondos municipais e a través do Plan Único da Deputación da Coruña. Estas obras supoñen unha reforma integral da zona, despois dunha intervención de urxencia realizada en xuño de 2025 para reparar un tramo colapsado na marxe esquerda da vía.
Os traballos inclúen a renovación da rede de saneamento en todo o percorrido, a substitución da rede de abastecemento en ambas as marxes e a iluminación da marxe esquerda. Ademais, aproveitarase para repoñer as beirarrúas, incluíndo unha área diferenciada a modo de miradoiro no extremo occidental do areal de Gandarío.

Ademais de mellorar a seguridade viaria nun tramo moi transitado no día a día, xa que conecta o municipio co concello veciño de Sada onde moitas persoas acoden a facer compras ou outro tipo de recados, tamén dotará os veciños e veciñas da Lagoa duns servizos esenciais modernos e totalmente renovados.

"Durante o tempo de execución dos traballos é probable que se produzan retencións na vía, polo que pedimos paciencia xa que é un pequeno inconvinte que permitirá lograr unha gran mellora."

O Goberno de Bergondo