As bases reguladoras, xa publicadas no BOP, detallan os requisitos e procedementos para acceder a estas subvencións. As solicitudes poderanse presentar a través da sede electrónica do Concello ou de forma presencial no departamento de Educación, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tamén se poderán rexistrar noutras dependencias municipais.
Na Liña 2, destinada a axudas para libros e material didáctico, os beneficiarios son familias empadroadas en Arteixo con anterioridade á apertura do prazo, que teñan menores ao seu cargo escolarizados en centros públicos no nivel de Educación Infantil (4º, 5º e 6º). O prazo para esta liña estará aberto do 9 ao 30 de setembro de 2026.
A Liña 3, correspondente ás axudas de mobilidade, está dirixida a estudantes de Bacharelato, Formación Profesional, Ensinanzas Artísticas, Musicais e estudos universitarios en centros públicos galegos. Deben estar empadroados en Arteixo e residir a máis de dous quilómetros do centro de ensino ou de prácticas. O prazo para estas solicitudes será do 9 de setembro ao 9 de outubro de 2026.




