O cantante, considerado unha das grandes voces da música lusófona contemporánea, presentará en directo o seu último traballo discográfico, 'Oração ao Tempo'. Zambujo é recoñecido internacionalmente pola súa capacidade de integrar diferentes tradicións musicais, combinando o fado tradicional, o cante alentexano e influencias da música brasileira.
O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou que a presenza de Zambujo no Colón supón unha "magnífica oportunidade" para o público coruñés. Subliñou ademais a aposta do Goberno de Inés Rey por unha programación cultural "diversa, de calidade e aberta ás principais expresións artísticas internacionais".
O concerto permitirá descubrir os temas do seu undécimo álbum, 'Oração ao Tempo', publicado esta primavera. O disco, que toma o nome dunha emblemática canción de Caetano Veloso, inclúe quince composicións, tres delas autoría do propio Zambujo, e conta coa participación de recoñecidos artistas lusófonos.




