O acto de recoñecemento tivo lugar na Delegación Territorial da Coruña. Segundo explicou a entidade, a concesión da medalla e do título débese ao traballo e colaboración de Rueda coa asociación e cos seus fins.
Ao evento asistiron a presidenta da Asociación de Meigas, Mª Concepción Astray, acompañada da Meiga Maior, Candela Pedreira; da Meiga Maior Infantil, Vega Eugenia García; dunha representación das Meigas de Honra e Meigas de Honra Infantís da presente edición de Hogueras; así como de membros da Xunta Directiva da Asociación.




