A rexedora Inés Rey comunicou hoxe que o Concello da Coruña e o Club del Mar de San Amaro alcanzaron un acordo para que a xestión da piscina cuberta desta instalación volva ser competencia municipal.
O plan do Goberno local é encomendar esta xestión directa á Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA), unha vez se rescate a concesión actual da piscina.
A previsión é que a actividade normal na piscina interior se restableza no mes de outubro, despois dun parón técnico programado entre agosto e setembro.
Así mesmo, a alcaldesa informou de que os servizos xurídicos municipais están a analizar a sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo sobre os custos de mantemento da piscina climatizada. O Concello está en contacto co Club del Mar de San Amaro para buscar un acordo extraxudicial que resolva esta situación.
“"A cooperación e colaboración coa directiva do Club é total. E polo tanto, coido que pronto chegaremos a dito acordo."




