O encontro, que se celebra na cidade, congrega a árbitros e árbitras de Primeira División, Primeira División Feminina e Segunda División co obxectivo de preparar a vindeira tempada, unificar criterios técnicos e realizar sesións de formación.
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, participou na apertura do seminario en representación do Concello, dando a benvida aos asistentes e destacando a relevancia do evento para o fútbol sala español.
“"É unha satisfacción que A Coruña acolla un encontro desta relevancia para o fútbol sala español."
Vázquez subliñou o papel fundamental do colectivo arbitral no desenvolvemento das competicións, afirmando que "o voso traballo é fundamental para garantir o respecto, a igualdade e o xogo limpo".
“"O voso traballo é fundamental para garantir o respecto, a igualdade e o xogo limpo."
O edil tamén agradeceu ao Comité Nacional de Fútbol Sala a elección da cidade como sede e reiterou o compromiso do Concello coa organización de eventos deportivos de ámbito estatal. Esta iniciativa reforza a aposta do Goberno de Inés Rey por consolidar A Coruña como sede de congresos e citas deportivas de referencia.




