QEA, a IA galega que leva a tecnoloxía dos grandes retailers ás pemes, gaña dous premios en Barcelona

A startup foi dobremente premiada en The Last of SaaS, un dos grandes encontros do software europeo, por unha solución que mide e explica que pasa fóra e dentro dunha tenda física: dende quen pasa polo escaparate ata quen acaba comprando. Custa menos de 50€ ao mes

QEA, a IA galega que leva a tecnoloxía dos grandes retailers ás pemes, gaña dous premios en Barcelona

QEA, a IA galega dobremente premiada en The Last of SaaS, mide o tráfico fóra e dentro dunha tenda física e explica por que entran ou non os clientes. Leva a pemes e pequenos comercios, por menos de 50 € ao mes, a tecnoloxía que ata agora só usaban os grandes retailers.

Durante anos, saber cantas persoas pasan por diante dun escaparate, cantas entran e cantas acaban comprando estaba ao alcance só dos grandes retailers. Pagaban instalacións custosas, cámaras e equipos de analistas. A startup galega QEA quere acabar con esa fenda, e o ecosistema SaaS europeo acaba de recoñecelo: a semana pasada levouse dous premios en The Last of SaaS, celebrado en Barcelona.

Da beirarrúa á caixa: todo o percorrido do cliente, medido 

Unha tenda online sabe ao instante cantas visitas ten e cantas compran. Unha tenda física, na maioría dos casos, non sabe nin cuánta xente pasa pola súa porta. QEA cobre ese oco cun pequeno dispositivo que se enchufa, conéctase ao wifi e empeza a medir o que ocorre no local.

Non só cantos: tamén por que

O que diferencia QEA dun contador de persoas tradicional, que só conta quen cruza a porta, é o seu axente de intelixencia artificial. Cruza o que pasa fóra e dentro da tenda co contexto: o tempo, os eventos da cidade, a chegada de cruceiros, os cambios nos comercios do arredor. Con todo iso, cada semana propón dúas ou tres recomendacións concretas: reforzar o persoal un sábado con previsión de máis tráfico, cambiar o escaparate ou comparar dúas tendas en condicións parecidas.
“

"Calquera contador díxente cantos entraron; QEA é o primeiro que sabe por que"

resume a compañía

A tecnoloxía dos grandes retailers, ao prezo dunha peme 

Nun momento no que a intelixencia artificial adoita aparecer nos titulares como unha ameaza, QEA mostra a súa cara máis útil: abaratar custos e democratizar o acceso ao dato. O traballo que antes esixía hardware caro, instaladores e analistas faio agora a IA de forma automática. Iso permite ofrecer unha solución de primeiro nivel a comercios con orzamentos axustados, que ata agora nin se expuñan a medir a súa tenda.
QEA non necesita obra nin técnico: instálase nuns cinco minutos e calíbrase soa nuns dous semanas. O dispositivo é gratis, o primeiro mes tamén, e despois custa 49,90 € por tenda ao mes, sen permanencia. Así, a mesma intelixencia de negocio que usan as grandes marcas queda ao alcance dunha boutique, unha franquía, un corner en grandes almacéns ou unha pop-up store.

Discreta e respectuosa co cliente

QEA non usa cámaras nin recoñecemento facial e traballa con datos agregados, sen identificar ninguén. A súa IA filtra ademais aos empregados e o ruído, para que as cifras reflictan só aos clientes reais.

Un recoñecemento para o pequeno comercio

“Non todo o que trae a intelixencia artificial van ser malas noticias. Grazas a ela podemos reducir custos e levar solucións que eran exclusivas das grandes cadeas a empresas que ata agora non podían permitirse este tipo de datos. As pemes son o corazón do comercio e xa non teñen por que decidir a cegas. Estes dous premios confírmannos que o camiño é democratizar o dato na tenda física”, sinalan dende a dirección da startup galega.

Os comercios interesados poden probar gratis o contador de persoas con IA para tendas de QEA.

Temas relacionados

IA para pemesretailintelixencia artificialgaliciapemestendaspequeno comerciocontador de persoas con IAanalítica tenda físicastartup galegaThe Last of SaaSIA abaratar custos pemes

Noticias relacionadas