A tenente de alcalde, Eva Villaverde, anunciou na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno local que esta actuación, cun prazo de execución máximo de tres meses, busca dar resposta a unha demanda veciñal moi sentida.
A intervención permitirá substituír un colector que presenta un estado moi deficiente, con filtracións, obstrucións e tramos parcialmente derruídos. O proxecto contempla a instalación de novas tubaxes de PVC e a renovación completa da rede existente.
Segundo destacou o goberno local, as obras resolverán os problemas que afectan ás vivendas situadas nesta rúa e mellorarán o funcionamento das infraestruturas hidráulicas da zona.
Esta actuación forma parte dos acordos alcanzados entre o PSOE e o BNG para a aprobación dos orzamentos municipais de 2025, sendo unha das 22 inversións pactadas entre ambas as formacións.




