A veciñanza de Soutomaior poderá depositar nestes contedores os restos orgánicos xerados nos fogares. Para utilizalos, é necesario dispoñer dunha tarxeta de acceso, que se pode solicitar de forma gratuíta na Casa do Concello (de 9:00 a 14:00 horas) ou no Punto Limpo da Montesiña (de 9:00 a 13:00h).
O Concello retirará os antigos contedores marróns que funcionan con chave e pide ás persoas usuarias que tramiten a nova tarxeta canto antes. Ademais, repartiranse bolsas compostables gratuítas nas dependencias municipais e no Punto Limpo.
“"A materia orgánica é unha das fraccións máis caras de tratar cando non se separa correctamente. Facelo ben axúdanos a reducir custos e a coidar o medio ambiente. Con estes novos contedores queremos facilitar a separación dos residuos e avanzar cara a un Soutomaior máis sostible."
Esta medida forma parte da campaña ambiental Conscientes, Medra en verde, centrada na concienciación ambiental e na mellora da xestión dos residuos municipais.




