A intervención, cun custo de 14.374 euros, foi adxudicada a ARA Restauración y Conservación de Patrimonio, unha empresa con sede en Nigrán. O cruceiro, datado en 1583, é un dos máis antigos da comarca e resultou afectado pola caída de partes do capitel e da cruz, que presenta unha Piedade nun lado e un Cristo no outro.
Tras o incidente, o Concello custodiou os fragmentos danados, mantendo o fuste intacto no seu lugar orixinal. A Dirección Xeral de Patrimonio deu o visto e prace ás obras de restauración o 17 de marzo deste ano, e prevese que os traballos estean rematados en xuño.
“"Recuperamos sucesivamente todos os elementos e evitamos o espolio, polo que o cruceiro volverá lucir exactamente igual que antes coa vantaxe de que a estrutura será consolidada."
Os traballos de restauración inclúen limpeza en seco e en húmido, consolidación, recomposición de fragmentos rotos, recheo das pedras de granito, eliminación de colonización biolóxica e reparación estrutural. O cruceiro está situado á beira da EP-2106 en Parada, fronte a un pazo do século XV, e está vinculado a unha figura política e militar relevante da época.




