As edificacións, frecuentadas por persoas con problemas de drogodependencia e vinculadas ao consumo e á venda de substancias estupefacientes, foran obxecto de múltiples intervencións polas forzas de seguridade. O estado de abandono xeraba preocupación na contorna.
A actuación busca poñer fin á actividade relacionada coas drogas neste espazo e mellorar as condicións de seguridade na parroquia. O operativo desenvolveuse de maneira coordinada entre ambos os corpos policiais.
Co desaloxo e a futura demolición, o Concello de Mos pretende contribuír á recuperación da seguridade e evitar que estes inmobles continúen sendo un foco de actividade ilícita, enmarcado na labor de colaboración para abordar situacións que afectan á convivencia veciñal.




