A autora, nacida en Mos en 1985, reuniu na súa nova obra poemas dedicados a persoas e temas como o amor, a resiliencia e a muller. Lago expresa nos seus versos a súa conexión coa lingua galega, a paisaxe e a cultura de Galicia, citando a Rosalía de Castro entre as súas influencias.
No encontro, Cristina Lago recoñeceu o apoio recibido da súa familia, da súa mestra de primeiro de Bacharelato e da súa veciña María Magdalena. O acto permitiu ao público coñecer mellor o traballo literario da autora e unha obra centrada nos afectos, a memoria e as experiencias persoais.
O Concello de Mos destacou o valor de apoiar a creatividade local e dar visibilidade a iniciativas que enriquecen a vida cultural do municipio. Subliñouse a importancia de actos como este para dar protagonismo á poesía, un xénero literario que, malia non ter sempre a atención que merece, é unha forma profunda de expresión.




