A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, está a formar a 20 persoas desempregadas en Gondomar, Baiona e Nigrán no marco do obradoiro dual de emprego 'Coidando Miñor V'. A iniciativa conta cun investimento de 454.552 euros para esta edición.
A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, acompañada polos alcaldes dos tres municipios implicados, animou aos participantes a aproveitar esta oportunidade formativa para mellorar as súas perspectivas laborais.
O curso, que se imparte desde xuño de 2026 ata marzo de 2027, céntrase en dúas especialidades: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.




