O investimento total ascende a 2.926.775,38€ e ten como obxectivo mellorar as características funcionais e reforzar a seguridade viaria en distintos treitos das vías autonómicas PO-010, PO-330, PO-323, PO-324, PO-325, PO-371 e PO-403.
Os traballos, adxudicados á empresa Marconsa, Movimiento de Aridos y Construcciones de Arosa, S.L, consistirán na rehabilitación superficial do firme, restaurando as características do pavimento e adecuando as súas necesidades funcionais e de durabilidade.
As actuacións abranguerán preto de 14,7 quilómetros de lonxitude e terán un prazo de execución de oito meses. Non son necesarias expropiacións de terreos, xa que as obras inclúense dentro da franxa de dominio público da Xunta.
Esta iniciativa forma parte do compromiso da Xunta coa mellora da rede de estradas autonómicas, buscando un menor custo de mantemento a longo prazo e unha maior seguridade viaria.




