O suceso, que non causou feridos, provocou varias fugas do combustible e mesmo un pequeno incendio que xa foi controlado polas dotacións de emerxencia. A Garda Civil de Tráfico e os bombeiros de Vigo e do Baixo Miño, xunto co GES de Mos, traballan na zona para retirar o vehículo e a carga.
Activouse o Plan de Emerxencias por accidente no transporte de mercadorías perigosas (Transgal) para coordinar as intervencións e minimizar o impacto ambiental e sobre a veciñanza. As autoridades desaconsellan achegarse á zona por motivos de seguridade.
A vía segue pechada ao tráfico e non hai previsión de cando será reaberta, á espera de novas indicacións sobre a evolución do operativo.




