Rescatan un veleiro á deriva na ría de Vigo

A Garda Civil remolcou a embarcación, na que viaxaban tres persoas e un can, ata o porto de Teis.

Imaxe xenérica de servizos de emerxencia marítima durante a noite.
IA

Imaxe xenérica de servizos de emerxencia marítima durante a noite.

Unha patrulla da Garda Civil rescatou este domingo un veleiro que quedou á deriva nas proximidades da illa de San Simón, na ría de Vigo, con tres ocupantes e un can a bordo.

O incidente tivo lugar arredor das 19:55 horas do pasado domingo. Tras recibir o aviso da incidencia, o servizo marítimo do instituto armado mobilizou a patrulleira Río Ladra ata o punto onde se atopaba a embarcación.
Unha vez localizados, os axentes procederon a asegurar o veleiro para realizar as tarefas de remolque. A embarcación foi trasladada finalmente ata o porto deportivo de Teis, en Vigo, sen que se rexistrasen danos persoais.