Esta actuación permitirá establecer un itinerario directo, seguro e plenamente accesible que unirá ambas as marxes do río, facilitando así o acceso a pé ao centro urbano e diminuíndo a dependencia do vehículo particular.
“"Trátase dunha intervención que humaniza a contorna e ofrece unha alternativa segura e amable para que a veciñanza poida desprazarse sen necesidade de usar o coche."
O proxecto contempla que a pasarela salvará o curso fluvial sen requirir apoios no leito, unha medida deseñada para protexer o ecosistema do río e minimizar o impacto ambiental da obra. A infraestrutura terá unha superficie aproximada de 100 metros cadrados, dos cales 16,20 corresponderán á propia pasarela.
O deseño da pasarela integrarase harmoniosamente na paisaxe, incorporando varandas de madeira e cimentacións de formigón armado. Ademais, o trazado estará completamente adaptado á accesibilidade universal, con pendentes suaves que garantirán o tránsito doado para persoas con mobilidade reducida.
O financiamento deste proxecto provirá do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra, cun orzamento de licitación que ascende a 24.254 euros.




